Back to Top

CONCURSO DO XARDÍN DAS IDEAS

DECISIÓN DO XURADO

O día 8 de novembro reuniuse o xurado cualificador do XARDÍN DAS IDEAS, concurso convocado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e o Museo Provincial de Lugo para a intervención paisaxística no claustro do antigo convento de San Francisco, con motivo do 80 aniversario da declaración de BIC deste monumento. Despois das oportunas deliberacións, o xurado adoptou as seguintes decisións:

1.ª Concederlle o Primeiro Premio, dotado con 3.000 euros, ao PROXECTO “ACQUA” de Lluís Alavedra Torrella (arquitecto) e Joaquim Cano Biosca (arquitecto) de Monistrol de Montserrat.

2.ª Concederlles as seguintes mencións especiais aos proxectos:

• “Trazos no claustro” de Francesco Garofalo (arquitecto paisaxista) e J. Marcos Rodríguez Díaz (arquitecto) de Rotterdam (Países Baixos)
• “Epigrafía” de Martín Toimil Mato (arquitecto paisaxista e enxeñeiro agrónomo) de Lalín e Mario Fernandes (arquitecto paisaxista) de Portugal .
• “CLR-10” de Elvira e María Paz Sangiao (arquitectas) da Coruña.

3.ª Destacar a alta participación neste concurso, ao que se presentaron sesenta proxectos de alta calidade, tanto na técnica como na creatividade, procedentes de diversos países.

Presidía o xurado D.ª Aurelia Balseiro García, directora do Museo Provincial de Lugo, por delegación de D. Mario Outeiro Iglesias, deputado-delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. Actuaron como vogais D. Celestino Feijoo Rodríguez, profesional con experiencia en certames de xardinería; D.ª Isabel Aguirre Urcuola, paisaxista; D. Juan Monterroso Montero, historiador da arte; D. Vicente Blanco, artista; D. Raúl Veiga Lamelas, arquitecto, D. Rafael Lens Villaverde, técnico licenciado en belas artes e D.ª Lucila Yáñez Anlló-Vergas, técnica de belas artes do Museo Provincial de Lugo. Como secretario actuou D. Daniel López Abuín, asesor xurídico da Deputación de Lugo, por delegación de D. José Antonio Mourelle Cillero, secretario da Excma. Deputación Provincial de Lugo. Asistiu tamén á xuntaza por petición da Presidencia D.ª Encarnación Lago González, xerente da Rede Museística Provincial, para asesorar en materia de accesibilidade os proxectos presentados.

(Source: museolugo.org)

Posted 6 months ago / 0 notes / Tagged: competitions,